Domingo 1 de Agosto, 19:00 horas, recepción oficial do noso olímpico Caetano Horta Pombo.
Noraboa ao campeón!
Diploma Olímpico para Caetano Horta!
HistóricoDiploma Olímpico
Caetano Horta e Manel Balastegui entraron de primeiros gañando a final B e acadaron un histórico diploma Olímpico.
Estade atentos a esta páxina para a información sobre o recibimento ao noso campión.
Noia con Caetano
O Concello de Noia tiña previsto facer unha "quedada" para seguir a participación do noso olímpico todos xuntos e vivir este momento histórico enviándolle o noso apoio dende aquí, pero, por mor das novas restriccións pola Covid 19 non é posible esa reunión. Polo que vos deixamos o enlace para poder seguir o evento en directo.
Caetano Horta Pombo (Noia - 15 de xaneiro de 2003) Tras ser campeón galego e de España de remo, consigue a medalla de ouro do Campionato Europeo Xuvenil de Remo 2020 na proba de dobre scull. Participou nos Xogos Olimpicos de Tokio na proba de dobre scull lixeiro (LM2x) acadando un histórico Diploma Olímpico ao entrar de primeiros na final B.